Consellería de Política Social

Consellería de Política Social

Esta Consellería é a que destina máis orzamentos no apoio de programas que desenvolve COGAMI, sendo estes:

  • O programa de atención a persoas con discapacidade e as súas familias ademais do mantemento de COGAMI e das súas entidades.
  • Tamén financia entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, no que se desenvolven itinerarios especializados de inserción de persoas en risco de exclusión, preferentemente en situación de especial vulnerabilidade, como son mulleres, persoas con grande discapacidade… Este programa está cofinanciado polo FSE e o FEDER.    

         

  • A intervención social con acompañamento a través do IRPF 2017 é outros dos programas que financia a consellería de Política Social e que atende a 180 persoas con discapacidade. Por medio desta convocatoria, tamén foi posible comprar 2 vehículos para realizar o servizo de transporte adaptado nos centros de Monteporreiro en Pontevedra e Mos.
  • Outro programa que financia é o de formación prelaboral nos centros de recursos que temos en Lugo, Mos e Santiago a través do programa de Subvencións destinadas a confederacións, federacións e entidades de iniciativa social, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, e que cofinancia o FSE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
  • Por último, a Consellería de Benestar subvenciona o programa de voluntariado, permitindo que se poidan desenvolver actividades de coordinación e dinamización da rede de voluntariado,  ademais de  actividades de sensibilización para o fomento da participación de persoas con discapacidade como persoas voluntarias e do programa de formación de voluntariado.