Convocatoria subvención IRPF

Convocatoria subvención IRPF

COGAMI presenta todos os anos un proxecto para o programa da convocatoria do 0,7% do IRPF. Durante este último exercicio, recibiy financiación para levar a cano os seguintes proxectos:

Obras de ampliación e mellora nas instalacións no centro de recursos que COGAMI ten en Fingoi, Lugo, onde se puido mellorar a sala dedicada á rehabilitación e fisioterapia das persoas usuarias do centro.

También se puido adquirir un vehículo de transporte adaptado con capacidade para 9 prazas para levar a cabo os servizos de traslado das persoas usuarias da súa casa ao centro de Fingoi. Este vehículo foi confinanciado tamén pola Fundación ONCE.

Outros dos proxecto financiados con cargo ao 0,7% do IRPF foron o programa de intervención social de ámbito autonómico no que participaron 50 persoas con discapacidade e en perigo de exclusón social e tamén o program de lecer, cultura e deporte inclusivo no que participaron máis de 700 persoas. Co fin de poder mellorar os nosos servizos de atención dirixidos a persoas con discapacidade que viven en zonas rurais, adquirimos tamén material informático a través do 0,7% do IRPF.