Deputación de A Coruña

Deputación de A Coruña

A Deputación de A Coruña apoia un programa de inserción laboral, contribuíndo na financiación dos servizos de orientación laboral que ten COGAMI na provincia (En A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol). Este servizo colabora na busca de emprego a persoas con discapacidade mediante labores de entrevistas e orientacións laborais, visitas a empresas, accións grupais de técnicas de busca de emprego e de motivación e intermediación laboral entre a persoa usuaria e a empresa.


Tamén apoia a actividade de pilates que iniciou en 2015 no centro de Ferrol e a través da convocatoria Foaxe financia o mantemento de servizos para a inserción laboral para persoas con gran discapacidade ou persoas con discapacidade
con especiais dificultades de inserción.

Tamén a través da convocatoria FOAXE do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de servizos sociais no ano 2018, leváronse a cabo actividades de fisioterapia individual, terapia ocupacional individual, Ximnasia adaptada de mantemento, actividades acuático terapéuticas adaptadas, acompañamento e asistencia persoal, atención Psicosocial e sensibilización e información relacionadas co servizo de rehabilitación.