Programa Operativo de Emprego Xuvenil

Programa Operativo de Emprego Xuvenil

Subvención para a contratación de traballadores desempregados polas entidades sen ánimo de lucro. Programa operativo de emprego xuvenil.

Notificación de resolución:

A secretaría xeral de Emprego en data 22/08/2018 ditou resolución pola que se outorga unha subvención, con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C.481.5, polo importe de 47.792,66 euros á entidade COGAMI, financiando así a contratación de 4 persoas mozas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo “MELLORA DOS SERVIZOS DE ATENCIÓN INTEGRAL ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE”.

As persoas contratadas ademais mellorarán a súa preparación profesional e adquirirán experiencia profesional a través do desenvolvemento das súas funcións profesionais durante un período de 7 meses en 4 dos centros de traballo cos que conta a entidade, nos que se prestan servizos cuxo obxectivo último e conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade.

De xeito concreto contratarase a un monitor/a de actividades deportivas para o centro de Medelo no concello de Silleda, a unha persoa graduada en Psicoloxía para o centro de Monteporreiro en Pontevedra, a unha persoa que desenvolva funcións de auxiliar de servizos xerais para o centro de Fingoi en Lugo e a un coidador/a para o centro de Mos.

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

A data do inicio do servizo é 2/10/2018

Importe da subvención concedida: 47.792,66 euros

Duración: 7 meses