83 mulleres con discapacidade de Galicia desafían as construcións sociais
  • Novas
  • 24 de enero de 2018

83 mulleres con discapacidade de Galicia desafían as construcións sociais


Un total de 83 mulleres con discapacidade de Galicia desafían as construcións sociais que impiden a súa autonomía social e económica a través do “Programa de Empoderamiento e Activación para o Emprego” executado por COGAMI.

Esta iniciativa desenvolveuse a nivel estatal grazas ao convenio establecido entre a Obra Social ”a Caixa” e a Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica ( COCEMFE).

“Gustaríame que este programa continuase para outras mulleres que o necesitan. Para min supuxo unha oportunidade laboral. Despois de estar durante 5 anos sen traballar, sen expectativas de atopar traballo, con inicios de depresión porque cría que a culpa de todo o malo era miña, entrei a formar parte deste programa cando mo comunicaron desde COGAMI. Aos dous meses, roldando xa os 50 anos, chámanme dunha empresa para traballar como administrativa. Formar parte deste programa serviume para rexurdir, para valorarme, para crer en min e, por favor, que non desapareza” asegura Salomé Fernández, participante no Programa en 2017 en Galicia.

O empoderamiento é a capacidade dunha persoa para deixar de ser “obxecto de outras” e converterse na “persoa protagonista da súa propia historia”. Ao facilitar paso da dependencia á independencia, están a favorecerse capacidades como a toma de decisións, o acceso á información e recursos, asertividad, adoptar un rol activo na resolución de conflitos, a mellora da autoimagen, etc.

O Programa conta cunha metodoloxía de intervención individual e grupal, centrado nas preferencias das mulleres con discapacidade participantes, que permite facer un seguimento personalizado e adecuado ás súas necesidades.

Desta forma, en Galicia realizáronse con 82 mulleres con discapacidade itinerarios personalizados de inserción social e laboral e seguimento a nivel individual; 38 mulleres participaron en sesións grupais de empoderamiento e 48 foron beneficiarias de sesións grupaos de habilidades prelaborais e alfabetización tecnolóxica. Así mesmo e como resultado da súa participación no programa, 29 mulleres con discapacidade atoparon emprego ao longo do ano.

O traballo coordinado con Incorpora, o programa de inserción laboral da Obra Social ”a Caixa”, no que tamén colabora COCEMFE, facilitou a orientación laboral e intermediación para o emprego ás beneficiarias do programa en procura activa de emprego.

A secretaria de Muller e Igualdade de COCEMFE, Marta Valencia, destaca que “o crecente interese de organismos públicos e privados nesta problemática, permitiunos participar en diferentes xornadas e actividades de formación e sensibilización dirixidas a profesionais e a poboación en xeral”. Neste sentido, en Galicia leváronse a cabo cinco acciones de formación e/ou sensibilización en materia xénero e discapacidade enfocadas na centralidade do traballo como perspectiva fundamental para o empoderamiento e independencia da muller con discapacidade.