A asociación AMIZADE conta cun servizo de préstamo de material a persoas con discapacidade
  • Novas
  • 13 de noviembre de 2020

A asociación AMIZADE conta cun servizo de préstamo de material a persoas con discapacidade

AMISERPRE, así é como se denomina o servizo de préstamo de material co que conta a asociación AMIZADE de Pontevedra e que pon a disposición das persoas con discapacidade que o necesiten.

Este servizo contempla material que favorece tanto o poder realizar desprazamentos como tamén actividades de lecer e tempo libre. Polo tanto, algúns dos préstamos son handbikes para unir ás cadeiras de rodas, cadeiras de rodas Evolution, ramplas extensibles e tamén unha furgoneta.

Para poder facer uso deste servizo, é necesario ter discapacidade, ser maior de idade e cumprir cuns requisitos específicos que se contemplan para cada un dos materiais obxectos do préstamo.

A persoa interesada en facer uso do servizo AMISERPRE debe contactar coa entidade a través do enderezo amizade@asociacionamizade.org no que, ademais de constar os seus datos persoais, debe efectuar unha descrición da solicitude, especificando o material, cando o recolle, cando o devolve e o motivo desta solicitude de préstamos.

As tarifas polos préstamos varían segundo a persoa sexa socia ou non da entidade. Para ampliar información, pódese entrar neste enderezo http://www.asociacionamizade.org/web/amiserpre/