A Asociación Galega de Linfedema (AGL) pon en marcha o Servizo de Fisioterapia especializado en Linfedema

A cidade de Ourense é unhas das zonas escollidas pola Asociación Galega de Linfedema (AGL) para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas polo linfedema.


Dende esta semana a cidade conta cun novo servizo de fisioterapia especializado nesta doenza que ataca ao sistema linfático e que, mediante as sesións de fisioterapia especializada, pretenderase mellorar as capacidades das persoas afectadas. E cando unha persoa se sente mellor, isto vai repercutir favorablemente na súa propia autonomía persoal, podendo  integrarse laboral e socialmente.

A clínica Fisiocentrum (teléfono de contacto 988 612 652) vai ser onde se traten ás persoas con linfedema, un tratamento que non lles vai supoñer ningún custo porque o seu financiamento será sufragado por unha subvención de 12.000 euros procedente do 0,7% do IRPF e tamén da  subvención de 11.000 euros da Fundación ONCE, e que xestiona COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica).

En Galicia son preto de 50.000 as persoas que conviven co linfedema, 900.000 en España, sendo preto de 3.000 mulleres, a maioría operadas de cancro de mama, ás que se lles diagnostica esta enfermidade, segundo sinalan a Sociedade Española de Anxioloxía e Cirurxía Vascular (SEACV) e Sociedade Española de Rehabilitación e Medicina Física (SERMEF), en Galicia

O Linfedema (alteración do sistema linfático) é unha enfermidade grave, crónica e progresiva, de evolución lenta, que proporcionalmente afecta ás mulleres. Non existen fármacos nin intervencións cirúrxicas eficaces. Está demostrado que o tratamento fisioterapéutico resulta efectivo para que a enfermidade empeore e se agrave.

A sanidade pública galega non ofrece un servizo especializado, nin existen suficientes fisioterapeutas que teñan esta especialidade de tratar  correctamente esta enfermidade. É por isto que AGL pon en marcha este programa de fisioterapia especializado en linfedema, con profesionais especializados, que tratarán a 50 persoas, sobre todo a mulleres do ámbito rural.

Ademais de ofrecerse este servizo de fisioterapia en Ourense, tamén está activo en Ferrol, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo e Baio (concello de Zas). A persoa con linfedema interesada neste servizo pode contactar coa asociación nos teléfonos 986 505 443 e 618 307 562 solicitando información.