A Comisión Sociosanitaria de COGAMI intervén na presentación da estratexia de humanización do Sergas
  • Novas
  • 10 de febrero de 2020

A Comisión Sociosanitaria de COGAMI intervén na presentación da estratexia de humanización do Sergas


A presidenta da Asociación Galega de Hemofilia (Agadhemo), Laura Quintas e membro da Comisión Sociosanitaria de COGAMI xunto a outras doce entidades, compareceu durante o acto de presentación da Estratexia de Humanización do Sergas organizado en Vigo, no hospital Álvaro Cunqueiro.

Durante a súa intervención, Laura Quintas, expresou que para levar a cabo unha estratexia de humanización da sanidade a participación de doentes “é imprescindible” e apuntou tamén que debe de iniciar por “escoitar ás persoas”.

Outras dos argumentos aportados pola representante da Comisión Sociosanitaria de COGAMI xirou entorno á importancia do diálogo e a participación como ferramentas de partida pero tamén quixo facer fincapé en que “non quede só nunha declaración de intencións sobre o papel, debe estar acompañada dos orzamentos necesarios e do compromiso de todos e todas nós”.

A accesibilidade de todas as persoas, a formación en comunicación de profesionais sanitarios, a mellora das instalacións con espazos máis amables, a racionalización de trámites administrativos e a actuación en áreas sensibles que garantan a empatía como a oncolóxica, por exemplo, son algunhas das propostas de mellora e de traballo conxunto que lanzou Laura Quintas.

Para finalizar, a presidenta de Agadhemo valorou a presenza de doentes na estratexia de humanización da sanidade pública como “unha achega da visión crítica para traballar na mellora continua do sistema sanitario”.