A Concelleira de Deportes do concello de Silleda visita o centro de Medelo
  • Novas
  • 11 de febrero de 2020

A Concelleira de Deportes do concello de Silleda visita o centro de Medelo


A concelleira de Cultura,Turismo, Deportes e Comunicación do concello de Silleda, Mónica González, acompañada do representante do centro de pádel FMSPORT de Silleda, Marcelo Fernández, visitaron o centro de recursos de Medelo.

Acompañados polo director do centro de recursos, Iván García, as persoas convidadas recorreron todas as instalacións para visitar os diferentes servizos que ofrece o centro ás persoas usuarias.

Durante esta visita, a Concelleira puido coñecer os perfís das persoas que están no centro e valorar unha posible colaboración entre o centro de pádel e o CRD Medelo, co fin de achegar este deporte ás persoas usuarias do centro.