A Deputación de Lugo reafirma o seu compromiso con COGAMI apoiando o centro de día de Fingoi
  • Novas
  • 04 de octubre de 2019

A Deputación de Lugo reafirma o seu compromiso con COGAMI apoiando o centro de día de Fingoi


O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, mantivo un encontro co vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo, e o presidente da Federación de COGAMI en Lugo, José Luis Lolo, que se aproveitou para asinar o convenio regulador dunha  subvención nominativa da institución provincial cun importe total de 30.000€.

Tomé Roca puxo en valor o labor que desempeñan as organizacións sociais, que “traballan a prol da igualdade e loitan por conseguir a plena inclusión social das persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. COGAMI é un bo exemplo de integración e colaboramos con este colectivo porque cremos que a mellor forma de ter un sistema de protección social forte na provincia é traballando da man do tecido asociativo”.

A renovación deste convenio é para  colaborar cos gastos de funcionamento do centro de día que ten COGAMI en Lugo, que conta cunha capacidade de 60 prazas.