A deputada provincial Isaura Abeleiras asiste á clausura dun curso de Risoterapia impartido pola Federación de Pontevedra
  • Novas
  • 12 de diciembre de 2019

A deputada provincial Isaura Abeleiras asiste á clausura dun curso de Risoterapia impartido pola Federación de Pontevedra


Despois de case un mes de asistencia, rematou o curso de Risoterapia que a Federación COGAMI Pontevedra impartiu nas instalacións que COGAMI ten na cidade de Vigo. Á clausura asistiu a deputada de igualdade da Deputación de Pontevedra, Isaura Abeleiras, organismo que financiou esta formación a través do programa Conectadas 2019, quen estivo acompañada polo membro da xunta directiva de COGAMI, Celso Álvarez.

Un total de 23 persoas, 20 mulleres e 3 homes, foron os que participaron nesta formación que contou cunha duración de 35 horas e que contou cun módulo específico sobre sensibilización na igualdade de oportunidades.

Esta formación resultou se exitosa tanto pola participación como tamén polo nivel de satisfacción entres as persoas participantes, elas mesmas afirmaron que lles serviu para mellorar o estado anímico e físico, ademais de conseguir desenvolver a expresión das súas emocións e sentimentos, fomentando o entusiasmo e actitude positiva, ademais de sensibilizar de cara á igualdade de oportunidades.