ACADAR desenvolve o programa “VIO7: Ver para Erradicar” dirixido ao alumnado universitario e profesionais
  • Novas
  • 04 de diciembre de 2018

ACADAR desenvolve o programa “VIO7: Ver para Erradicar” dirixido ao alumnado universitario e profesionais

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) emprende “VIO7: Ver para Erradicar” un programa de formación para o alumnado universitario e de formación profesional ou bacharelato.
Este proxecto, que financia a Deputación de A Coruña, desenvólvese durante os meses de outubro a decembro co obxectivo de fomentar a detección e erradicación das formas de violencia cara as mulleres con discapacidade.
Debido ao éxito acadado anteriormente, este proxecto estase desenvolvendo ano tras ano.

"VIO7: Ver para Erradicar” xurde para obter máis formación específica en materia de xénero e discapacidade ademais de facer fincapé na violencia exercida sobre as mulleres con discapacidade. Isto confírelle a condición de proxecto único por traballar a intersección entre estes conceptos e dar resposta á necesidade de capacitación das futuras persoas profesionais. É preciso a visibilización destes contidos como método preventivo e ademais, fomentarase unha visión crítica e consciente da realidade das mulleres con discapacidade a través do emprego dunha linguaxe inclusiva.