ACCU Ourense e Fundación ONCE  instalan baños adaptados para personas ostomizadas no edificio de Aixiña en Ourense
  • Novas
  • 27 de diciembre de 2019

ACCU Ourense e Fundación ONCE instalan baños adaptados para personas ostomizadas no edificio de Aixiña en Ourense


Un convenio de colaboración asinado entre o presidente da Asociación de enfermos/as de Crohn e Colite Ulcerosa de Ourense (ACCU), Fernando Jiménez, e a presidenta da asociación Aixiña, Olga Cuña vaille facilitar a vida ás máis de 800 persoas ostomizadas que viven na provincia de Ourense. Este convenio recolle que as persoas que teñen ostomías poderán empregar os baños adaptados que hai na asociación Aixiña.

Esta iniciativa está desenvolvida pola Fundación ONCE para a cooperación e inclusión social das persoas con discapacidade e enmarcada dentro do servizo de atención integral, promoción da autonomía persoal e inclusión social das persoas con enfermidade inflamatoria intestinal de ACCU Ourense.

Durante o acto de presentación, Fernando Jiménez resaltou a necesidade de dar cumprimento á lei de accesibilidade e destacou que “debemos posibilitar que as persoas ostomizadas poidan utilizar os aseos de edificios públicos e privados en condicións de igualdade, dignidade, seguridade e hixiene para poder, así, aumentar a súa autonomía persoal e vida independente”

Por outra banda, Olga Cuña subliñou que “esta lei amosa que o seu obxectivo é a igualdade de oportunidades en relación coa accesibilidade universal e a existencia de instrumentos edispositivos comprensibles, utilizables e practicables para todas as persoas”

A Confederación Española de Crohn e Colite Ulcerosa calcula que hai 100.000 persoas ostomizadas en España, diagnosticándose 16.000 novos casos cada ano. Unha ostomía é un proceso polo que se forma unha apertura ou saída dun órgano á superficie da pel co obxecto de recoller os desfeitos que produce o corpor humanos nun dispositivo en forma de bolsa.