Aínda estás a tempo de marcar o X Solidario na túa declaración da renda
  • Novas
  • 13 de junio de 2018

Aínda estás a tempo de marcar o X Solidario na túa declaración da renda

O 2 de xullo remata o prazo para presentar a declaración da renda. Dende as ONG pedimos que este proceso teña un fin solidario: se marcas o recadro 106 de Actividades de Interese Social permitirás que 7 millóns de persoas poidan mellorar as súas condicións de vida.

Programas dirixidos á infancia, familias, xuventude, maiores, persoas con discapacidade e persoas en situación de exclusión social son as que se beneficias dos programas que financia o 0,7% do IRPF.

Actualmente máis da metade das persoas contribuíntes (54%) marcan o recadro pero aínda hai 589.979 persoas que non o marcaron; se o fixeran, tería permitido chegar aos 26.520.100€ de recadación (10.972.496€ máis que no ano anterior).

Recorda, marca o X Solidario, non pagas nada nin che van devolver nada pero podes colaborar no futuro de moitas persoas, de segura que coñeces algunha delas.