Alcer Coruña foi de excursión
  • Novas
  • 10 de octubre de 2018

Alcer Coruña foi de excursión

Co fin de compartir vivenzas e experiencias comúns, algúns socios e socias de Alcer Coruña gozaron dunha xornada de lecer en Arteixo e Buño. Pola mañá, visitaron as instalacións do xornal La Voz de Galicia e logo xantaron no restaurante do Balneario de Arteixo. Trala comida, fixeron un percorrido polo paseo fluvial da localidade ata a igrexa de Loureda grazas á colaboración dunha guía facilitada polo concello. En horario de tarde, acudiron ao Forno do Forte en Buño, onde puideron coñecer a historia e vida dos oleiros da zona.

Alcer Coruña, Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal e os seus familiares. O día a día da entidade adícase á realización de actividades e á posta en marcha de programas para a atención psicosocial e ocupacional das persoas que están diagnosticadas desta doenza, así como dos usuarios e usuarias dalgún tratamento renal sustitutivo como a hemodiálise, a diálise peritoneal ou o transplante. As familias e/ou coidadores, tamén son obxectivo de intervención no día a día da entidade, considerándoos como axentes promotores de calidade de vida dos seus achegados.

Dende Alcer Coruña animan a participar nestas actividades lúdicas, co fin de afianzar relacións e crear sinerxías para seguir construíndo a gran familia que hoxe son