Alcer Coruña organiza encontros on line entre pacientes con enfermidade renal crónica
  • Novas
  • 20 de noviembre de 2020

Alcer Coruña organiza encontros on line entre pacientes con enfermidade renal crónica

Co fin de intercambiar experiencias e favorecer a interacción entre as persoas usuarias,  a Asociación Alcer Coruña organizou esta semana Tardes con Alcer, unhas xuntanzas en formato dixital nas que participaron persoas diagnosticadas con enfermidade renal crónica.

Durante estas xuntanzas, coordinadas por traballadoras sociais da entidade que desenvolven o servizo de Información e orientación social, houbo a oportunidade de intercambiar experiencias e fomentar a interacción social, ao mesmo tempo que se tenta minguar os medos e inquedanzas que provoca o diagnóstico e vivencia dunha enfermidade crónica.

Cunha duración de hora e media, foron tres as xuntanzas levadas a cabo durante a tarde e nelas participaron un total de 20 persoas, tanto diagnosticadas con enfermidade renal como tamén familiares.