ANDADE ofrece fisioterapia especializada a persoas que teñan un membro amputado
  • Novas
  • 03 de octubre de 2018

ANDADE ofrece fisioterapia especializada a persoas que teñan un membro amputado


A Asociación Nacional de Amputados de España ten un programa de fisioterapia para persoas con amputacións residentes en Galicia que ademais ofrece a posibilidade de que un experto ortoprotésico rectifique próteses e amose técnicas de vendaxe e axustes.

Financiado pola Fundación ONCE, o programa consiste en ofrecer 4 sesións mensuais de fisioterapia ou terapia ocupacional baixo a supervisión dun/ha profesional especializado e acreditado.

Desde que iniciou o programa, xa son 22 as persoas que se inscribiron no mesmo despois de contactar con COGAMI a través do correo electrónico correo@cogami.gal ou no teléfono 981 574 698. Será COGAMI quen se encargue de recoller os datos da persoa interesada e o número de sesións que desexa tomar, sendo posibles catro mensuais como máximo.

O tratamento rehabilitador deste programa suporá un custo de 5 euros por sesión que se poderán tratar nestes centros:

Vigo Fisioterapia COGAMI

Rúa As Teixugueiras, nº 15

36212 Navia -Vigo

Tfno. 986 281 893 - 607 20 40 39

Santiago de Compostela Fisioterapia Combina Social

Rúa/ Dublín, nº. 3

15707 Santiago de Compostela

Tfnos. 981 57 42 30 - 673 101 996

A Coruña Centro de Fisioterapia Marineda

Calle Médico Durán, 26 baixo

15005 A Coruña

Tlf.. 981 14 42 45 – 689 81 84 64

Lugo Centro Médico Fisioterapia Ronda S.L.U.

Ronda Muralla 52  1ºC

27002 Lugo

Tfnos: 982 24 25 56 - 627 10 25 70

Non existe límite de idade para apuntarse a este programa, calquera persoa que teña unha amputación pode beneficiarse da fisioterapia especializada.