Aspanemi conmemora o día da paz e non violencia
  • Novas
  • 12 de septiembre de 2018

Aspanemi conmemora o día da paz e non violencia


A Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía (Aspanemi) realizou unha xornada lúdica baixo o título "ASPANEMI pola PAZ e a NON VIOLENCIA", que tivo lugar nas instalacións que teñen en Narón.

Nenas e nenos traballaron nun obradoiro de pintura no que realizaron pombas da paz para logo introducir en globos de helio e soltalos deixando voar, xunto ás súas familias, os seus soños e desexos.

Esta actividade que ten carácter mensual, estivo dedicado á paz co motivo do Día Internacional da Paz o 21 de setembro e do Día Internacional da Non Violencia o 2 de outubro.

Os obradoiros que desenvolve Aspanemi mensualmente están enmarcados dentro do programa de Respiro Familiar, no que se lle proporciona tempo libre aos proxenitores e familiares dos menores e tempo de lecer aos menores para que gocen da xornada.