COGAMI abre punto de atención no concello de Lalín
  • Novas
  • 08 de octubre de 2019

COGAMI abre punto de atención no concello de Lalín

Ponse en marcha o punto de atención  de COGAMI no Concello de Lalín, que atenderá todos os primeiro e terceiro luns de cada mes, en horario de mañá, na planta baixa da casa consistorial.

Deste xeito, no que resta deste ano, COGAMI prestará esta atención en Lalín o 7 e o 21 de outubro, o 4 e o 18 de novembro e o 2 e o 16 de decembro.

Todas as persoas que teñen recoñecido como mínimo un 33% de discapacidade ou incapacidade laboral serán atendidas por COGAMI. Para pedir cita, recoméndase chamar ao teléfono do Servizo de Intermedicación Laboral 986 863709 ou solicitar cita enviar un mail silpontevedra@cogamil.gal. Tamén poderá achegarse ata o punto de atención no Concello de Lalín, onde se lle dará vez ou se lle atenderá en función da dispoñibilidade dese momento.