COGAMI asina convenio co concello de Narón a favor das persoas con discapacidade
  • Novas
  • 27 de agosto de 2018

COGAMI asina convenio co concello de Narón a favor das persoas con discapacidade


COGAMI é unha das seis entidades sociais que asinaron un convenio de colaboración co concello de Narón a favor das áreas de acción e promoción social. As persoas asinantes do convenio foron o alcalde en funcións, Guillermo Sánchez, e mailo vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo.

Trala sinatura, COGAMI recibirá 6.000 euros para levar a cabo acción social encamiñada a mellorar a participación social das persoas con discapacidade do concello e o seu desenvolvemento  autónomo, mellorando deste xeito as posibilidades de inserción.

As outras entidades asinantes foron  Aspaneps, a Asociación Nuestra Señora de Chamorro, AFAL, Dignidad e Cruz Roja. En total foron 60.000 euros os destinados polo concello a estes seis convenios.