COGAMI desenvolve programas de inclusión social no que participan 50 persoas de A Coruña, Santiago, Ferrol e Vigo
  • Novas
  • 09 de noviembre de 2020

COGAMI desenvolve programas de inclusión social no que participan 50 persoas de A Coruña, Santiago, Ferrol e Vigo

As instalacións que COGAMI ten en Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol e Vigo, acollen o Servizo de apoio e transición ao emprego, catro programas no que participan un total de 50 persoas con discapacidade co fin de darlles cobertura ás súas necesidades a través de itinerarios axustados aos seus intereses, necesidades e capacidades, para favorecer a súa inclusión social.

Cofinanciado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e a Xunta de Galicia no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020), DOG nº 90 do 11 de maio de 2020 , a través destes programas realízanse actuacións de deseño e implementación de itinerarios de inclusión social e laboral.

Entre as actuacións desenvolvidas, están a diagnose, deseño, seguimento e avaliación de cada unha das persoas participantes, ademais dun acompañamento social e laboral e o deseño de accións que fortalezan as súas capacidades persoais.

Outras das accións levadas a cabo por este Servizo de apoio e transición ao emprego están encamiñadas cara ao acceso ao mercado laboral mediante a realización dunha prospección laboral activa e de intervencións individuais e grupais de competencias básicas para o emprego.

A selección das persoas que forman parte destes catro programas de inclusión, ademais de todas elas ter discapacidade recoñecida, priorizouse naquelas que son perceptoras dunha renda de inclusión social, dun ingreso mínimo vital, en situación de risco ou exclusión social ou aquelas que foron derivadas por equipos de inclusión, servizos sociais comunitarios ou outras entidades sociais.