COGAMI e Política Social asinan convenio para iniciar servizo de rehabilitación no Cegadi
  • Novas
  • 05 de diciembre de 2018

COGAMI e Política Social asinan convenio para iniciar servizo de rehabilitación no Cegadi


O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, asinou un convenio coa conselleira de Política Social, Fabiola García, a través do cal se porá en marcha unha zona de rehabilitación e fisioterapia no Cegadi (Centro Galego de Desenvolvemento Integral para persoas con discapacidade).

A través deste convenio, iniciarán os servizos no Cegadi a través de unidades terapéuticas de fisioterapia e rehabilitación, de terapia ocupacional, de psicomotricidade, de logopedia e de estimulación sensorial. A través destas prestacións, apóstase por un plan integral de actuación dende idades temperás de persoas con discapacidade.

O acordo asinado terá unha vixencia de catro anos, con duración ata o ano 2022 e o orzamento ascende a 2,6 millóns de euros, achegando a Consellería de Política Social achegará 1,7 millóns de euros.