COGAMI é unha das entidades sociais que asistiu á presentación do proxecto TANZA que promove a empregabilidade no sector pesqueiro
  • Novas
  • 28 de julio de 2020

COGAMI é unha das entidades sociais que asistiu á presentación do proxecto TANZA que promove a empregabilidade no sector pesqueiro


COGAMI asistiu á presentación do proxecto TANZA que se desenvolveu na zona de A Mariña-Ortegal. Con esta iniciativa, búscase a inclusión social no sector pesqueiro a través dunha economía circular, mediante a promoción da empregabilidade de grupos sociais en actividades relacionadas coa economía do mar.

Esta iniciativa aprobouse na convocatoria de 2020 de axudas para proxectos  de cooperación dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, contando cun apoio de máis de 108.000 euros.

Ademais da busca dunha maior empregabilidade entre colectivos de inclusión social e actividades pesqueiras a través da colaboración dos distintos GALP, sendo estes Mariña-Ortegal, Ártabro Norte, Ártabro Sur, Costa da Morte, Costa Sostible e Ría de Arousa, búscase tamén crear conciencia activa no sector pesqueiro sobre as problemáticas ambientais e contribuír a un maior aproveitamento do programa de axudas por parte de entidades de inclusión social.