COGAMI fala de cambio social na inauguración da Cátedra Inditex-UDC
  • Novas
  • 02 de marzo de 2020

COGAMI fala de cambio social na inauguración da Cátedra Inditex-UDC


Baixo o título COGAMI: trinta anos impulsando o cambio social, o presidente de COGAMI, Anxo Queieruga, foi a persoa encargada de inaugurar a Cátedra de Inditex que se está levando a cabo na Universidade de A Coruña. Durante a intervención da que é a novena edición do curso de Especialización en sostibilidade e innovación social, Anxo fixo un percorrido polos trinta anos de COGAMI e o seu traballo a favor do cambio social dentro do grupo das persoas con discpacidade.

Dentro desta conferencia En Código Aberto que tivo lugar no salón de graos da Facultade de Economía e Empresas da UDC, o presidente de COGAMI explicou polo miúdo como é a Organización e o seu movemento asociativo, que servizos presta ás persoas con discapacidade de toda Galicia e por que e como se orixinaron os centros especias de emprego.

Para rematar, Queiruga explicou o funcionamento dun proxecto directamente vinculado a Inditex que iniciou en 2007 e que leva por nome Form and From. Este programa para a inclusión sociolaboral de persoas con discapacidade funciona baixo o modelo de franquía e está xestionado por entidades sen ánimo de lucro e atendidas por persoas con discapacidade. Actualmente COGAMI Empresarial conta con tres franquías abertas, dúas en Allariz de Massimo Dutti e Tempe e outra en Ferrol de Pull&Bear.