COGAMI imparte curso de administrativo en Ferrol
  • Novas
  • 06 de febrero de 2020

COGAMI imparte curso de administrativo en Ferrol

As instalacións que ten COGAMI en Ferrol, acollen un curso AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas) de Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais no que se están a formar 15 persoas.


Esta formación, que cofinancia a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, consta de 448 horas lectivas que se imparten ata o día 15 de abril, en horario de 16:00 a 21:00 horas, e está dividida nos seguintes módulos: técnicas administrativas básicas de oficina, operacións básicas de comunicación, reprodución e arquivo, prácticas profesionais non laborais, ademais das materias transversais de inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero, ademais de formación para a igualdade.

O curso inicia con 15 persoas, 9 mulleres e 6 homes, todas elas con certificado de discapacidade do 33% como mínimo ou de incapacidade laboral para a profesión habitual, con idades comprendidas entre os 32 e os 56 anos, que proceden dos concellos de Ferrol (4), Narón (5), Fene (5), e Mugardos (1).

A maioría das persoas que forman parte do curso traballaron anteriormente en sectores diversos como a limpeza, comercio, reparto, hostalería, carpintería e almacén

COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora con 2.050 persoas inscritas na comarca de Ferrolterra (946 mulleres e 1.104 homes)