COGAMI inicia curso de almacenista en Boiro para persoas con discapacidade
  • Novas
  • 13 de febrero de 2018

COGAMI inicia curso de almacenista en Boiro para persoas con discapacidade


A casa da cultura Ramón Martínez López de Boiro (Avda. da Constitución nº 30) é o lugar onde, a partir deste luns 12 de febreiro, se vai impartir o curso de Xestión de Almacén que vén de iniciar COGAMI.

Esta formación, que financia a Consellería de Política Social, consta de 160 horas lectivas que se imparten ata o día 27 de marzo, en horario de 9 a 14 horas, e está dividida nos seguintes módulos: operacións auxiliares de almacenaxe, preparación de pedidos, carretillas elevadoras, manipulación de alimentos e prácticas profesionais non laborais.

O curso inicia con 12 persoas, todos eles homes, que proceden dos concellos de Boiro, Rianxo, Pobra e Ribeira. O obxectivo xeral desta acción formativa é coñecer as técnicas de  almacenaxe, preparación de pedidos e manexo de carretilla elevadora.

COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora con 684 persoas inscritas na comarca da Barbanza, 443 homes e 241 mulleres.