COGAMI inicia curso de informática básica en Vilagarcía para persoas con discapacidade
  • Novas
  • 06 de febrero de 2018

COGAMI inicia curso de informática básica en Vilagarcía para persoas con discapacidade


A aula CEMIT de Vilagarcía (Avenida de Matosinhos,1) é o lugar onde, a partir deste luns 5 de febreiro, se vai impartir o curso de Informática Básica que vén de iniciar COGAMI.

Esta formación, que financia a Consellería de Política Social, consta de 100 horas lectivas que se imparten ata o día 2 de marzo, en horario de 9 a 14 horas, e está dividida nos seguintes módulos: procesador de textos, folla de cálculo e Internet.

O curso inicia con 12 persoas (8 homes e 4 mulleres), que proceden dos concellos da  comarca de O Salnés, sendo estes Vilagarcía, Vilanova e Meis. O obxectivo xeral desta acción formativa é coñecer a nivel usuario o funcionamento básico dun ordenador executando instrución sobre as aplicacións máis comúns de ofimática e internet.

COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora con 933 persoas inscritas na comarca de O Salnés, 585 homes e 348 mulleres.