COGAMI inicia curso de loxística en Vigo para persoas con discapacidade
  • Novas
  • 08 de octubre de 2019

COGAMI inicia curso de loxística en Vigo para persoas con discapacidade


COGAMI iniciou nas instalacións de Vigo (rúa Teixugueiras, nº15 baixo) un curso de Apoio loxístico no almacenamento industrial con movemento de cargas, dirixido a persoas con discapacidade e/ou incapacidade laboral para profesión habitual.

Financiado pola Fundación ONCE e o Fondo Social Europeo, o curso forma parte do Programa operativo de inclusión social e economía social 2014-2020, dentro da convocatoria de axudas económicas a proxectos de reforzo da empregabilidade a persoas con discapacidade “Un a Un”, dentro do programa POISES de promoción da inclusión social, de loita contra a pobreza e calquera forma de discriminación.

Un total de 8 persoas, todos homes, procedentes dos concellos de Vigo e Redondela, son os que iniciaron esta acción formativa que conta cunha duración de 265 horas lectivas, impartidas de luns a venres en horario de 9 a 14 horas, das que 100 van ser prácticas en empresas da zona.

O curso de Apoio loxístico no almacenamento industrial con movemento de cargas rematará o 13 de decembro.