COGAMI inicia curso de persoal de limpeza en Santiago para persoas con discapacidade
  • Novas
  • 04 de mayo de 2018

COGAMI inicia curso de persoal de limpeza en Santiago para persoas con discapacidade


A aula de formación que COGAMI ten en Santiago (rúa Dublín nº3) acolle un curso de Persoal de Limpeza no que se están a formar un total de 12 persoas con discapacidade, das que 3 son mulleres e 9 son homes.

Esta formación, que financia a Consellería de Política Social, consta de 125 horas lectivas, das que 22 serán teóricas e 103 prácticas, que se impartirán ata o día 7 de xuño, en horario de 9 a 14 horas, dividida nos seguintes módulos: limpeza de cristais, tratamento, limpeza e mantemento de mobiliario interior e solos ademais de realización de prácticas profesionais non laborais. A través desta acción formativa, o alumnado aprenderá a realizar  tarefas de limpeza e mantemento de superficies e mobiliario seleccionando as técnicas, útiles, produtos e máquinas para garantir a hixienización, conservación e mantemento, baixo a supervisión da profesional competente, cumprindo coa normativa aplicable en materia de seguridade e saúde.

COGAMI ten como obxectivo da impartición deste curso promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación. Neste senso, a Confederación proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI.