COGAMI inicia en A Estrada curso de xestión de stocks
  • Novas
  • 16 de julio de 2020

COGAMI inicia en A Estrada curso de xestión de stocks

COGAMI inicia un curso de Xestión de Stocks que se imparte na Estrada no que se están a formar 10 persoas.

 

Este curso é unha das accións que contempla o programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Obra Social “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo, co fin de acadar a empregabilidade das persoas con certificado de discapacidade ou con incapacidade laboral para a profesión habitual.

 

Cunha duración de 75 horas lectivas, en horario de mañá, esta formación ten como finalidade facilitar o acceso ao mercado de traballo, tanto se é por primeira vez como para conseguir unha reciclaxe profesional para aquelas persoas que a necesiten.

 

O alumnado, procedente de A Estrada, Caldas, Moraña, e Silleda, con idades entre os 20 e os 62 anos, asiste ás clases presenciais para ás que se lles dota de medios de protección e seguridade ante o COVID-19. Ata o 31de xullo terán que familiarizarse e asimilar os contidos que se impartirán sobre almacén (estrutura, documentación,…), pedidos (operativa, envases, embalaxes,…), inventarios (elaboración, xestión, seguimento,…), loxística, seguridade e prevención de accidentes e riscos laborais.

 

Unha vez finalizada esta actividade do programa Máis Emprego, realizarán un seminario complementario no que aprenderán ferramentas e técnicas a empregar para a busca de emprego.