COGAMI inicia en Lugo curso de competencias clave
  • Novas
  • 14 de marzo de 2019

COGAMI inicia en Lugo curso de competencias clave


As instalacións que ten COGAMI en Lugo (rúa da Luz, nº4) acollen un curso de Competencias clave no que se están a formar 8 persoas con discapacidade, 4 mulleres e 4 homes.

Esta formación, que financia a Consellería de Política Social, consta de 200 horas lectivas que se imparten ata o día 10 de maio, en horario de 9 a 14 horas, contendo un contidos

relacionados con competencia matemática, lingua castelá, lingua inglesa e lingua galega. As persoas que superen o curso poderán inscribirse na web da Xunta para presentarse ao exame que adoita ser no mes de maio en Silleda.

Entre os perfís das persoas que forman parte deste curso destacan que 6 persoas teñen certificado de discapacidade e 2 teñen incapacidade laboral recoñecida, ademais de contemplar idades comprendidas entre os 38 e os 59 anos e residir en Lugo.

Trala superación, o alumnado poderá acceder aos cursos AFD a través do servizo de emprego para a obtención de certificados de profesionalidade.