COGAMI inicia en Pontevedra un curso para fomentar o emprego das persoas con discapacidade
  • Novas
  • 26 de junio de 2019

COGAMI inicia en Pontevedra un curso para fomentar o emprego das persoas con discapacidade

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) iniciaba este luns 24 de xuño en Pontevedra un curso Expendedor de Combustible dirixido a persoas que teñen certificado de discapacidade ou incapacidade laboral recoñecida para a profesión habitual.

Esta acción formativa, con duración de 100 horas lectivas teóricas e prácticas en empresas, impartirase durante as mañás de luns a venres en horario de 9 a 14 horas ata o 22 de xullo, estando dividida nos seguintes módulos: seguridade na estación de servizo, operacións e medición de tanques, traballos con contratas, obrigas e responsabilidades do persoal da estación de servizo e da contrata, medio ambiente nas estacións de servizo, atención ao cliente e venta proactiva, e operativo no oil.

O número total de persoas participantes neste curso, que forma parte do programa de inserción laboral Máis Emprego que financia a Fundación Bancaria “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, é de 15 persoas procedentes das comarcas de Pontevedra, O Morrazo e Caldas, e que se imparte co fin de dotar de competencias necesarias ás persoas con discapacidade de cara á inserción laboral.

Máis Emprego proporciónalle ao alumnado destrezas profesionais que lle permiten un rendemento competitivo no mercado laboral ademais de desenvolver habilidades persoais para a súa participación social. Dende que iniciou este programa en 2017, xa son preto de 150 as persoas que lograron inserirse tras pasar por este programa Máis Emprego.