COGAMI inicia en setembro cursos de formación para persoas con discapacidade desempregadas ou incapacidade laboral recoñecida
  • Novas
  • 01 de agosto de 2017

COGAMI inicia en setembro cursos de formación para persoas con discapacidade desempregadas ou incapacidade laboral recoñecida


Dende COGAMI poñemos en marcha varios cursos de formación que teñen por obxectivo crear saídas laborais ás persoas que teñen un certificado de discapacidade igual ou superior ao 33% e tamén a aquelas que teñen un certificado de incapacidade laboral recoñecido.

Os cursos, financiados pola Xunta de Galicia, iniciarán no mes de setembro, obtendo o alumnado un certificado de profesionalidade ao remate dos mesmos.

En Santiago, nas instalacións que COGAMI ten en Modesto Brocos 7, 3º bloque, baixo, impartirase un curso de Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais de 448 horas de duración e outro de Operacións de Gravación e Tratamento de Datos e Documentación de 458 horas. Para máis información, podes chamar ao teléfono 981 574 698 ou enviar un correo a sil@cogami.gal.

As instalacións que ten COGAMI en Ferrol ( Rúa Sánchez Calviño, nº 52-58) iniciarán tres cursos, sendo de: Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais de 448 horas, Operacións de Gravación e Tratamento de Datos e Documentación de 458 horas e Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, nivel 2, de 468 horas. Para máis información, podes chamar ao teléfono 981 325 568 ou enviar un correo a silferrol@cogami.gal.

En A Coruña, no edificio A Milagrosa da Avenida de Cádiz iniciará un curso de Actividades Administrativas na Relación co Cliente, nivel 2, de 818 horas e outro de Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais de 448 horas. Para máis información, podes chamar ao teléfono 981 231105 ou enviar un correo a silcoruna@cogami.gal.

O centro de recursos da asociación Integro de Cabana de Bergantiños (Rúa A Pedra-Nantón) tamén desenvolverá un curso de Operacións de Gravación e Tratamento de Datos e Documentación de 458 horas de duración. Para máis información, podes chamar ao teléfono 981 734 985 ou enviar un correo a info@integro.es.