COGAMI inicia en Verín curso de caixeira/o
  • Novas
  • 07 de mayo de 2019

COGAMI inicia en Verín curso de caixeira/o


As instalacións Aula Cemit do concello de Verín (Avenida de Portugal nº 11) acollen un curso de caixeira/o que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) iniciou con 12 persoas con discapacidade, 6 mulleres e 6 homes, dos concellos de Verín, Castrelo do Val, Cualedro Trasmiras e Monterrei.

Esta formación, que financia a Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo contará con 130 horas de duración, impartidas en horario de 9 a 14 horas, polo que as clases rematarán o 11 de xuño. 

Todas as persoas que iniciaron este curso contan cun perfil similar: idades comprendidas entre os 21 e 57 anos, un nivel formativo de graduado escolar, traballaron con anterioridade en sectores como a construción, atención sociosanitaria, hostalería e produción industrial, sendo necesario que se reconvertan cara empregos con menor esforzo físico ou de atención en punto de venta.

O obxectivo xeral desta formación é dotar de habilidades e competencias específicas ás persoas coa clara intención de centrarse nunha busca activa de emprego en distintos sectores, facendo especial fincapé en actividades de venda, grandes superficies, pequeno e mediano comercio.

O alumnado do curso está apuntado no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora con 258 persoas inscritas na comarca de Verín, das que 161 son homes e 97 mulleres.