COGAMI na presentación do proxecto SANA na Pobra de Caramiñal
  • Novas
  • 09 de septiembre de 2019

COGAMI na presentación do proxecto SANA na Pobra de Caramiñal

A estación náutica Palmira Scuba en A Pobra do Caramiñal acolleu a presentación do proxecto SANA (Sporto Adaptita Naturo nAŭtika), que ten por obxectivo mellorar a oferta de deportes de natureza para persoas con discapacidade e impulsar a súa inclusión social.

Financiado con fondos europeos do programa Erasmus+ e tendo como socios a representantes de Francia, Galicia e Portugal,  este proxecto conta coa participación de dúas persoas usuarias de COGAMI en Mos e Fingoi: Nieves Gayoso e Leopoldo Gato, acompañadas de dúas voluntarias: Ramón Rodríguez e Cristina Devesa.

Durante a presentación, que foi pola mañá, asistiron a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, o coordinador da área de Accesibilidade de COGAMI, Álvaro García, o presidente de Agan+, e o xerente de la empresa Palmira Scuba, Manuel Soliño.

Durante a tarde, na praia de Cabío, practicaron a navegación en kayak adaptados e táboas de paddle surf, actividades que estiveron coordinadas pola empresa Alecrín Actividades e Aventura.

Aproveitouse tamén para presentar ao equipo SANA Galicia que vai participar no desafío deportivo que se vai desenvolver o 21 e 28 de setembro en A Bretaña Francesa para participar en actividades náuticas e terrestres adaptadas. Viaxarán 6 persoas, das que 4 forman parte de COGAMI.