COGAMI recibe a visita da entidade andaluza Idema
  • Novas
  • 19 de mayo de 2017

COGAMI recibe a visita da entidade andaluza Idema

 

Representantes da asociación Idema estiveron durante dous días visitando COGAMI e o grupo empresarial Galega de Economía Social, interesados polo labor que realizamos na nosa Organización. A primeira das visitas foi a Galega de Economía Social e ao centro de tratamento ambiental de vehículos Trameve.

Esta visita prodúcese despois da que realizaron membros de Galega de Economía Social a Sevilla, para ver as instalacións que ten a entidade alí a entidade, sobre todo as dos centros especiais de emprego que se dedican á xardinería, loxística, limpeza e instalacións técnicas, ofrecendo oportunidades laborais a persoas que teñen diagnosticada enfermidade mental. En Idema Grupo traballan máis de 750 persoas nas 9 empresas que teñen operativas.

Unha das actividades ás que se dedica Idema, en colaboración co servizo de saúde andaluz, é o préstamo en domicilios de camas articuladas e guindastres a persoas que os precisan, ademais de recollelos e reparalos para poñelos a punto para a seguinte persoa que precise estes produtos de apoio.

Representantes de COGAMI e Idema intercambiaron s formas de traballar nas dúas entidades e non descartan futuras colaboracións que, en definitiva, poderán mellorar a calidade de vida das persoas que representan.