COGAMI remata curso de expendedor de combustible impartido en Vigo con tres insercións laborais
  • Novas
  • 13 de octubre de 2020

COGAMI remata curso de expendedor de combustible impartido en Vigo con tres insercións laborais

Finaliza con tres insercións laborais o curso de Expendedor de Combustible impartido por COGAMI en Vigo dentro do programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Obra Social “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo.

Un total de 9 persoas recolleron o seu diploma tras finalizar esta acción formativa que contou con 75 horas lectivas impartidas en horario de mañá, tendo como obxectivo facilitar o acceso ao mercado de traballo por primeira vez ou reciclarse profesionalmente.

Procedente de Vigo, Nigrán, Mos e A Guarda o alumnado asistiu ás clases presenciais durante quince días, para as que contaron con todos os medios de protección e seguridade ante o COVID-19. Durante esta formación, adquiriron coñecementos que comprenden dende a instalación de estacións de servizo de gasolina, á atención ao cliente, o servizo de tenda, operación de caixa e prevención de riscos laborais.

Finalizado este curso, o alumnado realizou un seminario complementario dirixido á mellora da empregabilidade, no que aprenderon a manexar tanto ferramentas como técnicas que as/os orienten de cara aos procesos de selección de emprego e a posterior inserción laboral.