COGAMI, unha das entidades de CERMI Galicia que lle presentou ao BNG as principais reivindicacións das persoas con discapacidade na comunidade
  • Novas
  • 02 de octubre de 2018

COGAMI, unha das entidades de CERMI Galicia que lle presentou ao BNG as principais reivindicacións das persoas con discapacidade na comunidade


COGAMI, xunto co resto das entidades membro do Cermi Galicia (Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia) formou parte dun acto co Bloque Nacionalista Galego no que repasou as principais demandas das persoas con discapacidade en Galicia.

O acto, celebrado no Parlamento, contou coa participación da totalidade dos representantes do BNG e das entidades que forman o Cermi autonómico. A voceira do BNG quixo poñer en valor o traballo levado a cabo polo Cermi Galicia e as entidades membro a favor das persoas con discapacidade e familias.

Entre as conclusións da xornada, destaca a necesidade de desenvolver a nova lei sobre accesibiliade en Galicia co obxecto de avanzar na igualdade de oportunidades das persoas.

Dende o BNG consideran que, con boa vontade, pode crearse unha demandada e ansiada Comisión Permanente da Discapacidade na Cámara galega por parte do Cermi Galicia. Tamén instouse a poñer en marcha a lei aprobada polo Parlamento galego hai máis dun ano, que regula o concerto social co fin de fomentar que as organizacións sociais sen ánimo de lucro poidan optar a maiores garantías e prestar servizos sociais, por ser quen máis coñecen as necesidades demandadas.