Dúas novas entidades entran a formar parte da  Federación COGAMI Coruña: Asem Galicia e Asotrame
  • Novas
  • 08 de mayo de 2018

Dúas novas entidades entran a formar parte da Federación COGAMI Coruña: Asem Galicia e Asotrame

O número de entidades que forman parte da Federación COGAMI Coruña incrementou durante a XX Asemblea Xeral Ordinaria celebrada pola Federación en Santiago de Compostela.

As dúas novas incorporacións son Asotrame (Asociación Galega de Transplantados de Medula Ósea) e Asem Galicia (Asociación Galega contra Enfermidades Neuromusculares).
Antes da aprobación polo resto das vinte persoas representantes das entidades membro, tanto o presidente de Asem Galicia, Manuel Rego, como a presidenta de Asotrame, Cristina Piñeiro, explicaron a misión e os servizos que prestan as asociacións que representan en beneficio das persoas usuarias.

Con estas dúas incorporacións, a Federación COGAMI Coruña engloba a un total de 23 entidades, converténdose na federación provincial con máis representatividade das catro que conforman COGAMI.