Entrega de diplomas tras superar o curso de expendedor de combustible que COGAMI impartiu en Lalín
  • Novas
  • 19 de noviembre de 2019

Entrega de diplomas tras superar o curso de expendedor de combustible que COGAMI impartiu en Lalín


Despois de case un mes de asistencia a clases teóricas e tamén a prácticas, as nove persoas que iniciaron o curso de Auxiliar de Comercio que COGAMI impartiu nas instalacións da biblioteca pública do concello de Lalín, recolleron o seu diploma.

Procedente dos concellos de Lalín e Agolada, o alumnado superou satisfactoriamente tanto as 40 horas teóricas como as 60 horas prácticas realizadas en diferentes estacións de servizo da zona.

Esta formación forma parte do programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Fundación Bancaria “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, programa que se desenvolve nas comarcas de O Salnés, Pontevedra e Vigo, co fin de dotar de competencias necesarias ás persoas con discapacidade de cara á inserción laboral.

Trala entrega de diplomas, e como unha acción máis complementaria e transversal dentro do programa, dende o Servizo de Orientación e Intermediación Laboral de COGAMI impartíuselle ao alumnado un obradoiro de mellora da empregabilidade, co fin de adquirir pautas eficientes na busca do emprego.