Finaliza o programa cultural EnREDarte con éxito de participación entre os centros que forman parte de COGAMI
  • Novas
  • 22 de diciembre de 2017

Finaliza o programa cultural EnREDarte con éxito de participación entre os centros que forman parte de COGAMI


Neste mes de decembro finalizou o programa EnREDarte, unha oportunidade para achegar diferentes disciplinas artísticas ás persoas con discapacidade. Se ben o programa iniciou en 2015, déuselle continuidade porque supuxo unha experiencia enriquecedora e con moi boa acollida para as persoas participantes.

Financiado pola Consellería de Cultura e Educación, as temáticas dos obradoiros que se desenvolveron durante este ano foron sobre artes plásticas, fotografía artística, teatro, música, escritura creativa e danza contemporánea nos que participaron un total de 125 persoas, 65 mulleres e 50 homes.

Os centros nos que se impartiron estes obradoiros foron Lugo, A Coruña, Noia, Muros, Teo, Val do Dubra, Mos, Redondela e Silleda. Remataron todos os obradoiros salvo o de fotografía que se está impartindo en Redondela, xa que continuará durante 2018, ano no que tamén darán inicio outros talleres. 

O proxecto ‘En-Red-Arte’ está deseñado co fin de proporcionar a posibilidade de vivir experiencias culturais que teñan unha incidencia positiva na súa aprendizaxe das persoas participantes, que lles permita desenvolver a súa curiosidade, a formación do gusto e o seu sentido estético e crítico. Ao mesmo tempo, preténdese incentivar o hábito de frecuentar actividades e eventos culturais, romper conceptos autolimitantes da actividade cultural e estimular a capacidade de superación persoal.

Todas as actividades foron desenvolvidas nos centros de recursos de persoas con discapacidade e asociacións de membros da entidade, así como tamén nos espazos formativos que COGAMI emprega habitualmente.