Lorena Quintas, membro da xunta directiva de ACADAR, inaugura mostra realizada con fíos de cores
  • Novas
  • 04 de marzo de 2020

Lorena Quintas, membro da xunta directiva de ACADAR, inaugura mostra realizada con fíos de cores

Durante todo este mes de marzo, a Biblioteca Pública de Lugo acolle a mostra Galicia en fíos  da artista ourensá Lorena Quintas Rejo, unha exposición que acolle cadros realizados con fíos de cores que teñen como base diferentes materiais como tela, papel ou madeira.

Esta mostra forma parte do proxecto Xogo de Fíos, que sae á luz en 2016, momento no que Lorena Quintas decide amosar ao público toda a arte que leva dentro e que decide chamarlle xogo porque, segundo ela mesma aqfexplica “máis que un traballo é un xogo que pon a proba a miña creatividade”.

Licenciada en Empresariais, Lorena ten unha discapacidade física e visual total que como ela ben di “a discapacidade non é unha barreira senón unha característica de cada persoa”.

Ademais é loitadora e defensora dos dereitos das mulleres con discapacidade, e por iso forma parte da xunta directiva da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR).

Galicia en  Fíos manterase aberta durante todo o mes de marzo en horario de 9 h. a 21 h. de luns a venres e os sábados de 10 h. a 14 h.