O centro de recursos de COGAMI en A Mariña recibe a visita do alcalde de Xove e o parlamentario Daniel Vega

As persoas usuarias do centro de recursos que COGAMI ten en A Mariña recibiron a visita do alcalde de Xove, José Demetrio Salgueiro, e do deputado do PP, Daniel Vega.


Acompañados pola directora do centro, Emma Caamaño, e o presidente de COGAMI Lugo, José Luis Lolo, os convidados percorreron todas as instalacións coas que conta o centro e compartiron unha xornada coas persoas usuarias durante o programa de actividades da vida diaria.

Para finalizar esta visita, os convidados reuníronse con Emma Caamaño e José Luis Lolo para tratar temas que resultan de interese para as persoas con discapacidade da zona da Mariña Lucense.