O centro de recursos de Mos recibe a visita de persoal laboral de la Caixa
  • Novas
  • 10 de enero de 2018

O centro de recursos de Mos recibe a visita de persoal laboral de la Caixa


Persoal laboral de la Caixa da área sur de Pontevedra visitan as instalacións do centro de recursos que COGAMI ten en Mos. Nesta visita, á que asistiron preto de 40 profesionais da entidade bancaria, o director do centro, Celso Álvarez, explicou os servizos que se prestan no centro de recursos, algúns deles apoiados coa financiación que achega la Caixa a través das convocatorias presentadas.

Algúns dos programas financiados por la Caixa foron o Servizo de atención integral da provincia de Pontevedra no que participaron 185 persoas durante o ano 2017, aportando 8 mil euros la Caixa. Outro programa desenvolvido foi o de Atención Integral de Persoas con Discapacidade da provincia de Pontevedra, sendo financiadas actividades de fisioterapia, logopedia, balneoterapia e danzaterapia en centros de Silleda, Vigo, Ponteareas, Cuntis, Tomiño e Mos.