O centro de recursos que COGAMI ten en Medelo organiza un programa de respiro en Pamploma
  • Novas
  • 11 de julio de 2019

O centro de recursos que COGAMI ten en Medelo organiza un programa de respiro en Pamploma

Dende o 8 ao 12 de xullo as persoas usuarias do Centro de Recursos que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) ten en Medelo están a participar nun programa de respiro familiar, unha oportunidade para gozar de actividades de lecer en igualdade de condicións, á que se apuntaron un total de 14 persoas, entre usuarias e persoal laboral do centro.

Este ano o escenario dos San Fermíns, Pamplona, foi o lugar elixido para pasar uns días de lecer, tempada que aproveitarán para realizar diferentes visitas a lugares de interese e coñecer e gozar das festas dos San Fermíns e da cidade.

Esta viaxe está enmarcada dentro do programa de lecer que o centro desenvolve  coa finalidade de proporcionar unha experiencia de vida diferente, nun ambiente novo, cun programa de actividades o suficientemente flexible para poder adaptalo ás necesidades de cada persoa, proporcionando tamén o necesario respiro familiar, así como para fomentar a súa autonomía e participación social.

O lecer é un dereito universal no que todas as persoas teñen que poder participar en igualdade de condicións, polo que dende o centro se organizan diferentes saídas, excursións e actividades para garantir unha participación activa. Así, en anteriores ocasións, as viaxes programadas foron a Sevilla, Cádiz, Jérez de la Frontera, Tenerife, Ribeira Sacra, Sanxenxo, Cabárceno, Santander, Asturias, etc.

 

Para máis información, contactar con Iván García no teléfono 663 940 759.