O concello de Ourense reúnese con entidades da discapacidade para reforzar vías de colaboración
  • Novas
  • 24 de julio de 2019

O concello de Ourense reúnese con entidades da discapacidade para reforzar vías de colaboración


Foron oito entidades que representan a discapacidade as que se reuniron coa concelleira de Política Social, Igualdade e Sanidade do concello de Ourense, Eugenia Díaz, sendo estas: DISCAFIS-COGAMI, Down Ourense, Renacer, Asociación de Persoas Xordas de Ourense (APSOU), Aspanas, Autismo Ourense, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAOR) e a Asociación de Familiares e Enfermos Mentais Morea.

Durante a xuntanza, Eugenia Díaz amosou a súa vontade firme para reforzar as políticas destinadas a mellorar a vida das persoas con discapacidade en Ourense, a través do diálogo constante coas entidades que as representan. “O máis importante é poder escoitar e atender de primeira man as necesidades dos colectivos e as súas inquedanzas, co fin de traballar en conxunto para mellorar o benestar de todas as persoas de Ourense”, sinala a concelleira de Política Social, Igualdade e Sanidade. 

As persoas representantes das entidades que asistiron á xuntanza trasladáronlle a Eugenia Díaz a necesidade de establecer vías de colaboración que leven a dar un paso máis na inclusión das persoas con discapacidade e la partición social en igualdade de oportunidades.