O programa de rehabilitación integral de GRUMICO beneficia a 75 persoas de A Coruña
  • Novas
  • 18 de noviembre de 2020

O programa de rehabilitación integral de GRUMICO beneficia a 75 persoas de A Coruña

O Grupo de Persoas con Discapacidade de A Coruña (GRUMICO) continúa co programa integral e interdisciplinar de rehabilitación que permite que un total de 75 persoas poidan traballar na mellora da súa autonomía persoal e independencia.

Este programa, que conta co financiamento da Xunta de Galicia a través da convocatoria de subvencións daquelas persoas contribuíntes que na declaración da renda marcaron o recadro de Actividades de interese xeral consideradas de interese social, coñecida pola X Solidaria, ofrece servizos de traballos social, fisioterapia e terapia ocupacional a través dun modelo de atención centrado na persoa.

A asociación GRUMICO traballa pola defensa dos dereitos e intereses das persoas con discapacidade, ofrecendo servizos terapéuticos, obradoiros e actividades de lecer, apoio psicolóxico, emocional e crecemento persoal ademais de actividades deportivas.