O programa Enrédate de ACADAR recibe a visita da Secretaria Xeral de Igualdade
  • Novas
  • 01 de agosto de 2019

O programa Enrédate de ACADAR recibe a visita da Secretaria Xeral de Igualdade

A Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou ás mulleres de Vila de Cruces que están a participar no Programa Enrédate que desenvolve a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia. Durante esta visita, estivo acompañada pola concelleira de Benestar, Mireya Otero Martínez, a presidenta de ACADAR, Mónica Álvarez San Primitivo e as reprentantes municipales do PP, Beatriz Iglesias, e do BNG, Carlota Salgado.

Este programa, cofinanciado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo, ten como obxectivo promover a igualdade das mulleres con discapacidade, especialmente, daquelas que viven en zonas pouco poboadas onde as características por parte da comunidade condicionan o seu desenvolvemento persoal e social.

A coordinación entre ACADAR e o Departamento de Servizos Sociais de Vila de Cruces permitiu chegar ás mulleres do concello e fomentar a súa participación nas actividades do programa, no que ademais dunha atención individualizada e especializada, promóvense obradoiros co obxectivo de reunir ás mulleres con discapacidade da zona para facilitar a creación ou potenciación de redes de apoios e participación.

Para poder desenvolver estas accións que durarán ata o mes de setembro, dende o Concello  facilitouse un espazo na Biblioteca Municipal.