O punto de atención que ten COGAMI na cidade de Pontevedra trasládase a unhas novas instalacións
  • Novas
  • 13 de agosto de 2019

O punto de atención que ten COGAMI na cidade de Pontevedra trasládase a unhas novas instalacións


O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) que COGAMI ten en Pontevedra trasladouse para unhas instalacións máis accesibles, máis amplas e mellor preparadas para atender ás nosas persoas usuarias.

Agora estamos neste enderezo:
rúa da Cruz Vermella, nº 16, baixo.
CP 36002
Pontevedra.

O teléfono de contacto seguirá sendo o habitual 986 863 709 e o mail de contacto tampouco varía silpontevedra@cogami.gal.

As novas instalacións contan cunha extensión de 90 metros cadrados, o dobre das anteriores, o que permite ter habilitados tres despachos individuais de atención ao público, facilitando a privacidade durante as entrevistas que realizan as tres orientadoras laborais que prestan servizo tanto na cidade como nos concellos limítrofes.

Ademais destes tres despachos independentes, tamén está habilitado un espazo común, lugar que comparten os tres técnicos de emprego do programa Máis Emprego de inserción laboral que financian Fundación Bancaria “la Caixa” e o Fondo Social Europeo.

Outras das melloras acadadas con este traslado son as dúas prazas reservadas situadas mesmo diante da porta de acceso, o que facilitará o estacionamento na zona ás persoas con mobilidade reducida e usuarias de tarxeta.     

Dende as instalacións que COGAMI ten en Pontevedra realizáronse neste primeiro semestre un total de 395 orientacións, das que 153 entrevistas foron realizadas a persoas usuarias novas. Agora mesmo contamos cunha base de datos na que están inscritas 2.875 persoas como demandantes de emprego ou formación.