Os oito alumnos do curso de loxística impartido en Vigo remataron satisfactoriamente esta formación
  • Novas
  • 17 de diciembre de 2019

Os oito alumnos do curso de loxística impartido en Vigo remataron satisfactoriamente esta formación


Despois de case dous meses de clases teóricas, remata o curso de Apoio loxístico no almacenamento industrial con movemento de cargas que COGAMI impartiu nas instalacións que ten en Vigo e no que se formaron oito persoas con discapacidade dos concellos de Vigo e Redondela.

O curso foi financiado pola Fundación ONCE e o Fondo Social Europeo, e forma parte do Programa operativo de inclusión social e economía social 2014-2020, dentro da convocatoria de axudas económicas a proxectos de reforzo da empregabilidade a persoas con discapacidade “Un a Un”, dentro do programa POISES de promoción da inclusión social, de loita contra a pobreza e calquera forma de discriminación.

Dirixido a persoas con discapacidade e/ou incapacidade laboral para profesión habitual, este curso contou cunha duración de 265 horas, das que 100 foron prácticas en empresas da zona. Precisamente, tras rematar un alumno as súas horas prácticas, foi contratado pola empresa onde as realizou.